De momento pouco máis sabemos, ven de ocuparse este edificio que albergara a "Sala Yago" en Compostela. Informa este medio de que un grupo de persoas volveu ocupar esta mañán as instalacións e colgaron varias faixas reinvindicando a reapertura e restauración das mesmas.
Lembramos que en novembro de 2011 a sala Yago xa fora ocupada con a intención de recuperala como “espazo cultural liberado” e aberto a toda a cidadanía. Na altura, as ocupantes deste local emblemático do casco histórico compostelán foran desaloxadas de maneira forzosa con unha acción policial que terminara en enfrontamentos entre manifestantes e policías.
Cando saibamos máis, ampliaremos a información. De todas, animamos á cidadanía a achegarse atá alá.
Copiado: http://abordaxerevista.blogspot.com.es/
PROGRAMACIÓN
Xoves 13
14:30. Xantar
17:00. Asamblea Aberta
18:30. “Mesa redonda sobre okupacion"
21:00. Proxección do filme Douro Faina Fluvial de Manoel Oliveira
A partir das 22:30. Foliada, Cabaret e Variedades
Venres 14
11:00. Obradoiro de reparación Faino ti
14:30. Xantar
17:00. Proxección da Obra de Teatro: Torturad@s
19:30. Asamblea Aberta
A partir das 22:30- Timba Poética e espectáculo de Break Dance. Concertos: Pura Mestura, Furnier.
Sábado 15
12:00. Obradoiro e Xogos para crianzas
14:30. Xantar
16:30. Dinámicas de coidados para o traballo en grupo.
18:00. Proxección documental: La Voz del Gamonal, De quien es la calle?
19:30. Asamblea
A partir das 22:30. Concertos: Folkolikos, Transxenéricas, Mars Attacks e sesión aberta